Son Carmen, mestra de Infantil. Este blog pretende ser unha porta aberta ao que facemos na aula...

Benvidxs!

smile
Non esquezas os teus comentarios

lunes, 19 de febrero de 2018

Recuncho do descubrimentos

Hoxe un barco amarrou na nosa clase para inaugurar o recuncho deste novo eixe e Jose foi o primeiro en  darlle forma aportando un compás, un astrolabio, un catalejo e un caderno cos principais colonizadores de América e aparellos que utilizaron nas embarcacións.





O bautismo

Ao bautizarnos pasamos a formar parte da Igrexa e da gran familia dos amigos de Jesús. Na parroquia de San Froilán puidemos observar e conversar sobre a pila bautismal e moitas cousas máis, grazas a Sor Amparo que nos ofreceu a realización desta visita.



jueves, 15 de febrero de 2018

Eixe 3 : Época dos descubrimentos


Fixaremos como obxectivos xerais:

• Aprender as características xerais da época dos descubrimentos.

• Coñecer distintos tipos de animais, plantas, lugares e inventos.

• Suscitar o interese por coñecer a historia como medio para comprender o presente.
Podes escoitar o conto motivador deste eixe premendo na seguinte imaxe:

Código QR do documento



sábado, 10 de febrero de 2018

O Entroido 2018 na nosa clase

Un resumo en imaxes do noso Entroido 2018




O Mambo de Entroido

jueves, 8 de febrero de 2018

Xornada de teatro para escolares


Hoxe puidemos asistir á representación musico teatral A nena e o grilo nun barquiño, de Magín Blanco, dentro da programación de Actividades para escolares 2017/2018 de Afundación.

Unha fermosa historia chea de creatividade, música, ilusión e emocións.

Disfrutámola moitísimo!



miércoles, 7 de febrero de 2018

Como é a neve?

Aproveitamos que hoxe tivemos unha manta de neve no xardín para investigar sobre a neve utilizando o sentido da vista, do tacto e o olfato.
Collemos un pouco coas mans para facer unha pequena boliña de neve e notar cómo cambia de cor, o fría que está e a ausencia de olor.
Finalmente "lanzámola" libremente.
Ía moito frío e só puidemos estar un minutiño, pero un minutiño moi divertido!






martes, 6 de febrero de 2018

O sistema solar de Jose

Jose trouxo o seu Sistema Solar co nome dos oito planetas. Encántanos este tema!

Cumple de Ingrid: Parabéns para ti!


Reforzamos contidos

Estamos a rematar o eixe dos Incas no que traballamos moitos e diversos contidos sobre o corpo e os alimentos.
Nesta xornada de reforzo xogamos aos doctores e localizamos órganos, ósos e articulacións.
Tamén xogamos a clasificar alimentos naturais e elaborados para finalmente traballar a orixe dos alimentos con Next nunha sesión de robótica.

viernes, 2 de febrero de 2018

O sistema solar

Hoxe falarmos do sistema solar: o Sol é unha estrela moi grande que nos dá luz e calor; todos os planetas xiran arredor del; o sistema solar está formado por oito planetas… Observamos e aprendemos os seus nomes e algunha característica de cada un, visualizamos vídeos, representamos aos planetas e conversamos sobre a manualidade que aportou Paloma.






Leo fixo un precioso cohete na casa e aproveitamos para coñecer a hitoria da cadeliña Laika, a primeira astronauta.